14/09/2009
ExpopUp
"Os Piranesi" chegan a Sagunto
Desde o 10 de setembro está aberta ao público na Sala Glorieta de Sagunto da Fundación Bancaja a exposición "Os Piranesi de Montserrat", unha colección de gravados de Giovanni Battista Piranesi (s. XVIII) que está considerada a máis importante do Estado, xunto coas da Biblioteca Nacional de Madrid e a da Real Academia de San Carlos de Valencia.Na fotografía podemos ver, de esquerda a dereita, ao Presidente de Bancaja Sagunto, Francisco Muñoz Antonino, a directora de conservación do Museo de Montserrat, Eva Buch, o tenente de alcalde de Sagunto, Juan Serrano e o presidente de ExpopUp, Miguel Ángel Mayo, durante o acto de inauguración.
Sala de Exposiciones Glorieta
Del 10 de septiembre al 8 de noviembre de 2009
Pza. Cronista Chabret, 6. Sótano
46500 Sagunto
Máis información sobre esta exposición

