30/06/2008
Expop-Up
Novos proxectos
A exposición "Alois Beer: un viaje en 3D por la España de 1900" (Alois Beer: unha viaxe en 3D pola España de 1900) que xa ha itinerado por Valladolid, Toledo e Salamanca, continuará a súa exhibición en distintas salas de exposicións españolas despois do verán. Froito do éxito desta colaboración, o Instituto Histórico Austríaco e Expop-Up comezan novos proxectos expositivos que verán a luz nun futuro próximo.Na fotografía, tomada durante a inauguración en Valladolid en abril deste ano, vemos, de esquerda a dereita, a Miguel Ángel Mayo, director de Expop-Up; Mª de los Santos García Felguera, comisaria e Karl Friedrich Rudolf, director do Instituto Histórico Austríaco e comisario principal da exposición.

