05/03/2010
ExpopUp
100 OBRAS GRÁFICAS ESENCIAIS
A arte da modernidade e a vangarda a través dun centenar de obras de artistas da talla de Picasso, Mirou, Braque, Chagall, Rouault, Cocteau, Dalí, Max Ernst, Chillida, Tàpies...A colección de obra gráfica da Abadía de Montserrat é o espello dun país cada vez máis rico en artistas que descubriron e adoptaron novas linguaxes e técnicas. Reflíctense nela a arte da modernidade e de vangarda da segunda metade do século XX até hoxe.
Atravesando xeracións e estilos, atopámonos cunha gran diversidade de obras con calidades propias. Unha mostra imprescindible para entender a arte do século XX.
Máis información:
"Arte e Vangarda da Abadía de Montserrat"

