Puri Sánchez nace en Valdemierque, aldea salmantina nos arredores de Alba de Tormes.
En 1980, en Madrid e desde a lembranza, empeza a pintar momentos da súa infancia vividos no pobo, e así, un tras outro, vai cubrindo os lenzos con escenas que xa só quedan na memoria: costumes festivos, relixiosos, faenas do campo, etc.
En 1981 realiza a súa primeira exposición en Salamanca e ata hoxe cóntanse máis de 20 individuais e outras cantas colectivas en diferentes pobos e cidades.
Entre outros críticos que falaron da súa obra encóntranse Jose Mª Valverde, José Antonio Gabriel y Galán e Joaquín Díaz.
Coñece-lo mundo rural é unha guía didáctica sobre a vida e costumes dos pobos castelán-leoneses, baseada na súa obra e na que tamén participaron Carlos J. Martín Martín e Mercedes Antón Nieto.
En 1997 publica o seu segundo libro Oficios que se pierden no que se recollen 54 oficios pintados e recreados literariamente coas súas vivencias.
A súa obra complétase cunha serie de 52 recunchos e monumentos de Salamanca e outra con máis de 80 xogos, descoñecidos na meirande parte dos casos para os nenos de hoxe. Esta entrañábel serie, da que parte a nosa Exposición, recréase toda ela nos recunchos que gardan a súa infancia e acompáñase dunha rica colección de xoguetes da época que con gran mimo sacou do esquecemento para volver a vivir, e poder transmitir, os profundos sentimentos de ilusión cos que todos soñamos.