-
Obradoiro
Como parte complementaria da exposición, ofrécese un Obradoiro de
realización de “pop-up” por parte dos nenos que visitan á exposición.
A
finalidade deste obradoiro é ofrecer unha continuidade con respecto á
visita en forma activa e participativa, adquirindo unha dimensión no
campo didáctico, lúdico e creativo. Deste xeito os nenos e nenas poden
experimentar e crear os seus propios “pop-up”.
A realización do
“pop-up” non se contempla de modo mecánico e homoxéneo senón desde a
diversidade, e a valoración do persoal. Así, cada neno pode estender o
aprendido á súa vida diaria en forma de Tarxetas de felicitación,
Invitacións de Cumpreanos, Nadal…
O desenvolvemento do obradoiro
realizaríase periodicamente dúas veces por semana cunha duración
aproximada de unha hora e media. O número de nenos asistentes é de doce
a quince.
O obradoiro realízase no tempo inmediato á visita da exposición como recreación práctica
do
visitado. Así pois, cada Obradoiro dura unha sesión de forma puntual e
única. Non se contempla a continuidade na asistencia, dunha sesión a
outra, pola propia idiosincrasia da Exposición.
O
contido do obradoiro céntrase na realización dos tipos de “pop-up” máis
populares na súa dimensión máis sinxela. Trataríase de que cada neno
asistente remate a sesión do obradoiro con un ou máis despregábeis
realizados ou esbozados.
Os tipos de “pop-up” que se ofrecerían no Obradoiro serían os tres tipos básicos:
Despregábeis saltaríns
Despregábeis Sorpresa
Despregábeis de lingüeta
Dependendo
das preferencias dos “pop-up” que viran e que máis lles gustaran,
ofreceríase a realización dun tipo de “pop-up” determinado. Non se
trata de que fagan todos o mesmo, senón de que unha vez entendida a
técnica, personalicen e inventen o seu propio.
Cada sesión constaría de cinco tempos diferenciados:
1º).- Presentación de cada neno e comentarios sobre o visitado.
2ª).- Explicación práctica sobre os tipos de pop ups e normas básicas de realización.
3ª).- Elección do tipo de “pop-up” a realizar.
4º).- Reparto de materiais e realización do “pop-up”
5ª).- Posta en común e comentarios.
-
Visitas guiadas
Dirixido a colexios entre semana e a público familiar as fins de semana.