A arte do pop-up nunha exposición interactiva que nos transportará ó marabilloso mundo dos contos "en movemento".
A exposición que propoñemos ten como obxectivo principal espertar nos nenos a curiosidade, o gozo e a fascinación que con seguridade producen estes libros, e ó mesmo tempo conseguir que o público adulto e os interesados na literatura xuvenil e infantil poidan gozar dunha arte única e marabillosa.


