/

La Codorniz de Enrique Herreros

O obxectivo da exposición La Codorniz de Enrique Herreros é difundir entre o público o coñecemento dunha peculiar e representativa obra deste artista, realizada nun tempo marcado polo desencanto e o escepticismo dunha sociedade que intentaba recuperarse das consecuencias da Guerra Civil. É nese período onde Enrique Herreros, utilizando preferentemente a técnica do collage, elabora unha serie de portadas artísticas excepcionais para o semanario La Codorniz, publicación lendaria na historia do humor gráfico español.

É nestas portadas onde Herreros expón toda a súa sensibilidade artística, toda a súa sabedoría de home das artes, humorista sutil e crítico social ata lograr unha serie de carteis que o colocarían na vangarda do deseño gráfico español da época.