/

La Codorniz de Enrique Herreros

  • A exposición componse de paneis, 50 cadros enmarcados, cartelas e 1 panel de presentación.
  • Os paneis están dispostos en 12 prismas triangulares desmontábeis. Teñen unha altura de 2,40 m., sendo o ancho de cada cara de 1,20 m.
  • Os cadros teñen un tamaño de 54,8 x 42,8 cm.
  • Cartelas: cada cadro leva unha cartela impresa en fórex.
  • Embalaxes:
    • Os paneis veñen protexidos por 6 marcos de embalaxe de tamaño aprox. 1,40x2,60x0,80 m.
    • Os cadros veñen en 5 caixas de tamaño aprox. 70x60x50 cm. Hai 10 cadros en cada caixa
  • Temperatura da sala: a impresión de cada panel fíxose sobre tela de lenzo e a montaxe realizouse nunha nave a temperatura ambiente de 16º. É importante que a temperatura da sala non sexa excesiva para evita-lo destensado das telas.