/

La Codorniz de Enrique Herreros

Un sorprendente traballo gráfico, rescatado das portadas que Enrique Herreros realizou para o semanario La Codorniz.

O valor da nosa exposición radica en amosar, por vez primeira e de forma homoxénea unha rigorosa selección dos mellores traballos de portada que Herreros realizou en La Codorniz, revista na que este artista traballou ó longo de toda a súa vida e onde gozou dunha marxe de liberdade impensábel na maioría das publicacións daquela época. Ó mesmo tempo cremos que esta exposición serve tamén para coñece-los avatares e significado de La Codorniz naquel período de posguerras e a súa importancia no desenvolvemento da sociedade española cara a modernidade.