/

Cuba 1970-1984. A mirada perdida

A exposición agrúpase segundo cinco áreas temáticas:
I- O cubano o noso de cada día: Emerxencia dun suxeito popular, convertido en heroe cotián, como evolución da épica "colectiva" dos anos 60. Imaxes "realistas" do traballo en fábricas e minas, suxeitos "típicos" de barrios populares, a música popular cubana e os seus practicantes en espazos bailables tradicionais e penas.
II- A Zafra. O motor económico da illa. Conceptos idealizados do traballo agrícola versus as durísimas circunstancias tomadas polos fotógrafos, en reivindicación dun neorrealismo sen fronteiras.
III- Heroes políticos, motivos e símbolos. Do culto ao heroe político (Che,  Fidel,  José Martí) á inserción das retóricas oficiais no espazo urbano do cidadán. Ideoloxías marginalizadas: relixións afrocubanas e católicas e os seus espazos de culto.
IV- A Guerra de Angola e a intervención militar cubana. Representacións do conflito: desde reflexións alusivas a través de metáforas até a reportaxe militar clásico en combate.
V- O Mariel: éxodo migratorio en 1980, cando 125 000 cubanos abandonan a illa rumbo a Estados Unidos.

Fotógrafos seleccionados:
ABELARDO RODRÍGUEZ ANTE
ERNESTO FERNÁNDEZ NOGUERAS
IVÁN CAÑAS BOIX
JOSÉ ALBERTO FIGUEROA DANIEL
JOSÉ GONZÁLEZ ÁLVAREZ (TITO ÁLVAREZ)
JOSÉ JULIÁN MARTÍ MONTERO
JUAN JOSÉ VIDAL HERNÁNDEZ
LEOVIGILDO M. GONZÁLEZ PÉREZ
MARÍA EUGENIA HAYA JIMÉNEZ (MARUCHA)
MARIO GARCÍA JOYA (MAYITO)
RAMÓN MARTÍNEZ GRANDAL (GRANDAL)
RIGOBERTO ROMERO CARMONA