/

Cuba 1970-1984. A mirada perdida

Esta exposición proponse redescubrir a memoria fotográfica da illa durante un dos períodos máis decisivos da súa Historia.

Nesta vasta produción documental descubrimos as coordenadas estéticas ao uso, os mitos políticos e sociais que circulaban na Cuba de entón, así como abundante material inédito, pegadas dunha mirada que foi condenada ao silencio.

A mirada contida nesta exposición rexistra aos cubanos e cubanas "do montón" nos seus escenarios e actitudes cotiás, mostrando unha nova dimensión da Cuba post-revolucionaria.