Coa fotografía submarina conxelamos instantes das experiencias que vivimos durante as breves inmersións no mundo submarino, un medio no que os humanos nos desenvolvemos con torpeza e no que só podemos permanecer curtos períodos de tempo. Nin sequera os nosos ollos están deseñados para observar sen axuda o que hai baixa a auga. Mediante a creación de imaxes submarinas podemos compartir co resto do mundo as visións daqueles que se aventuran a mergullarse nos mares cunha cámara para fotografar os outros 2/3 do planeta.
O fino manto da superficie separa o noso mundo cotián de aire e luz do espazo acuático onde os raios de sol desaparecen aos poucos metros e o osíxeno é un ben prezado. Baixo as ondas escóndese un universo que apenas comezamos a entender e que está a sufrir unha grave deterioración. Polución, sobrepesca, quecemento global e outras ameazas puxeron en perigo a subsistencia das especies mariñas.
Blues é unha xanela á beleza e a realidade do mundo mariño. Durante 15 anos o fotógrafo bilbaíno Carlos Villoch percorreu o seis continentes capturando co seu cámara as luces e criaturas dos océanos. Desde a Antártida até os Mares do Sur, os azuis dos océanos e a melancólica chamada dos seus habitantes quedaron rexistrados nas súas fotografías. Tanto os grandes cetáceos como os diminutos pólipos de coral, todos, necesitan axuda. É noso deber preservar as marabillas do mundo submarino para as futuras xeracións.
Ademais de mostrar as belezas dos fondos mariños en fotografías de alta calidade tamén se fai referencia mediante imaxes e textos á outra realidade que está a acabar cos océanos. Sobrepesca, polución, quecemento global, redes á deriva e "aleteo" de quenllas son só algúns dos problemas aos que cada día se enfrontan as especies mariñas.