Unha xanela á beleza e a realidade do mundo submarino.
Unha exposición de fotografía submarina cun transfondo conservacionista que pretende concienciar sobre algúns dos problemas aos que se enfrontan os mares. Co título "Blues" alúdese tanto ás tonalidades de azul que atopamos baixa a auga como ao estado anímico de tristeza que produce enfrontarse coa deterioración que se está producindo no mundo submarino.


