É pouco sabido polo público en xeral o feito de que grandes artistas
recorreran no pasado (e algúns no presente) á axuda de máquinas para a
elaboración das súas obras. Referímonos a artistas como Durero,
Vermeer, Canaletto e outros. Xeralmente considérase que un gran pintor
é tal na medida en que realiza manualmente as súas obras. O emprego de
métodos técnicos para calcar ou debuxar relégase ó ámbito dos
aprendices.
Pois ben, ó longo da historia da arte pintores de primeira fila recorreron á utilización de máquinas de debuxo para resolve-los seus problemas técnicos. Fixérono sistemática e “secretamente”. A esta circunstancia déuselle pouca ou ningunha publicidade e nos nosos días caeu no esquecemento. Hoxe, como moito, falamos dalgún pintor do S. XIX que empregou a fotografía para os seus cadros. Pero podemos te-la case absoluta seguridade de que Vermeer, Durero e outros empregaron máquinas de debuxo para axudarse na realización das súas obras. En ocasións copiaron e calcaron as súas imaxes directamente do natural. E todo isto fixérono cuns medios que caeron no esquecemento e a ocultación posibelmente ante o temor a ver minguados os seus talentos artísticos ou de que outros aprendesen demasiado axiña o que a eles lles levou anos, disputándolles así un lugar na historia da arte.
Posibelmente o instrumento que inaugure toda a serie sexa o que se deu en chamar Fiestra de Leonardo. Inventada polo artista do que toma o nome (Leonardo da Vinci) e redeseñada por Alberto Durero. En paralelo a esta desenvólvense entre os Países Baixos e Italia toda unha serie de máquinas de debuxo constituídas no esencial por sistemas de espellos e lentes. Do seu uso derivaríase nalgunha forma a obra de Vermeer, Caravaggio, Canaletto e outros. No século XIX a cámara lúcida deseñada por Wollanston puido moi ben ter sido utilizada por Ingres en moitos dos seus debuxos. A tradición secreta do emprego de máquinas para debuxar continuou ata o século XX cos experimentos ó respecto de David Hockney.