/

Alois Beer: Unha viaxe en 3D pola España de 1900

Unha sorprendente viaxe en tres dimensións polos pobos e as xentes de España nos albores do século XX. En colaboración co Instituto Histórico Austríaco.

Esta exposición parte do abundante material fotográfico creado por Alois Beer cunha selección das súas mellores imaxes sobre distintas cidades de España: Sevilla, Cádiz, Málaga, Granada, Córdoba, Madrid, Toledo, Ávila, Segovia, Valladolid, Zamora, Salamanca, Burgos, Zaragoza, Tarragona, Barcelona, Valencia...

Gran parte destas imaxes poderán contemplarse en modo estereográfico. Para iso construiranse distintos dispositivos de contemplación necesarios para poder ve-las imaxes en 3D, a modo de modernos “Kaiserpanoramas”. O visitante poderá experimentar, deste xeito, unha das formas de entretemento máis populares hai cen anos.