ExpopUp é unha asociación artística e cultural que xorde coa finalidade
de incentivar e apoia-la difusión de planeamentos e contidos culturais
a través do formato expositivo.
As
Exposicións parecen pensadas, hoxe en día, para os grandes focos
culturais. Son mostras de altísimo presuposto, deseñadas para un espazo
concreto e que se destrúen cando remata o período expositivo. Así,
atopámonos cunha carencia de oferta expositiva interesante e alcanzábel
para o resto de poboacións que queren achegar unha axenda cultural de
calidade.
Creada por deseñadores e profesionais da comunicación,
en colaboración con comisarios e investigadores, ExpopUp ten como
obxectivo primordial conseguir con estas mostras itinerantes unha ampla
difusión e asistencia, chegando así a localidades que non teñen
posibilidade de acoller unha gran oferta expositiva.

