ExpopUP reúne un número crecente de Exposicións itinerantes a partir de saborosas receitas creadas nas nosas cociñas cuns ingredientes moi saborosos:

Detrás dunha exposición ExpopUp agóchase o traballo dos nosos chefs, entre os que destacan diversas personalidades do mundo académico e cultural nacional e internacional.

Os nosos pratos están deseñados para que entren pola vista. O deseño gráfico achega planeamentos novidosos, visualmente moi atractivos, sempre dentro da súa relación coa temática de cada exposición.

Na elaboración das nosas Exposicións podemos destaca-la orixinalidade e a adaptabilidade a tódolos espazos, converténdose en auténticas delicatessen listas para levar.