/

Una, dola, tela, catola. Xogos e xoguetes de antano

A exposición ten dúas áreas principais que se relacionan entre si: a área visual, formada por paneis informativos, vitrinas e audiovisuais e a área lúdica onde se desenvolverán os xogos.   

ÁREA VISUAL
• Xogos e Xoguetes
Unha mostra gráfica e visual formada por paneis a toda cor e vitrinas onde se recollerán os distintos xogos e xoguetes, a través dun percorrido que ten como punto de partida as pinturas e as propias vivencias de Puri Sánchez:   
    A carón do lume
    Xogos de herba
    Os señores da rúa
    O recreo
    Pequeno home, pequena muller
    Días de festa

ÁREA LÚDICA
• Zona de xogos
Un espazo onde se convida ós nenos a xogar á mariola, ás chapas, o diábolo, á cucaña, á corda, ó corro... lembrando as antigas cancións e coñecendo divertidas anécdotas relacionadas cos xogos.