-
Conferencias
A cargo da comisaria Puri Sánchez ou dos colaboradores, unha oportunidade de amplia-lo coñecemento sobre os xogos e xoguetes de antano.
-
Obradoiros
Como complemento á exposición, poderá realizarse un Obradoiro de Xogos, unha vez que os nenos teñan percorrido a mostra. Este obradoiro ten unha dimensión construtiva, onde os nenos aprenderán a fabricar xoguetes sinxelos con materiais reciclados, que logo levarán para a casa.
Este tipo de actividades estará regulada nun horario determinado e para un número de asistentes non superior a 30 nenos por grupo. As actividades no Obradoiro realizaranse a continuación da visita á exposición e terá unha duración aproximada de 30 minutos.
-
Visitas guiadas
A exposición ofrece a posibilidade de percorrela a través de visitas guiadas, dirixidas tanto a colexios xunto cun obradoiro de construción de xoguetes, de cotío, coma ó público familiar nas fins de semana.
As nosas monitoras, licenciadas en pedagoxía, Andrea Rodríguez de la Flor e Noemí Izquierdo Sánchez, introducirán ós visitantes no mundo rural dos anos 50, presentaranlles ós protagonistas dos xogos de antano e poñerán ó seu dispor unha serie de xoguetes sinxelos: cordas, buxainas, bólas, tabas, molinetes, ioiós, pelotas... Xogarán á cucaña, ás chapas, á mariola, á corda de figuras... Ensinaránllelas regras dos xogos e as cancións que os acompañan.