/

Libros Pop Up: vida en movemento

  • Obradoiro

    Como parte complementaria da exposición, ofrécese un Obradoiro de realización de “pop-up” por parte dos nenos que visitan á exposición.

    A finalidade deste obradoiro é ofrecer unha continuidade con respecto á visita en forma activa e participativa, adquirindo unha dimensión no campo didáctico, lúdico e creativo. Deste xeito os nenos e nenas poden experimentar e crear os seus propios “pop-up”.

    A realización do “pop-up” non se contempla de modo mecánico e homoxéneo senón desde a diversidade, e a valoración do persoal. Así, cada neno pode estender o aprendido á súa vida diaria en forma de Tarxetas de felicitación, Invitacións de Cumpreanos, Nadal…

    O desenvolvemento do obradoiro realizaríase periodicamente dúas veces por semana cunha duración aproximada de unha hora e media. O número de nenos asistentes é de doce a quince.

    O obradoiro realízase no tempo inmediato á visita da exposición como recreación práctica
    do visitado. Así pois, cada Obradoiro dura unha sesión de forma puntual e única. Non se contempla a continuidade na asistencia, dunha sesión a outra, pola propia idiosincrasia da Exposición.    

    O contido do obradoiro céntrase na realización dos tipos de “pop-up” máis populares na súa dimensión máis sinxela. Trataríase de que cada neno asistente remate a sesión do obradoiro con un ou máis despregábeis realizados ou esbozados.

    Os tipos de “pop-up” que se ofrecerían no Obradoiro serían os tres tipos básicos:    

    Despregábeis saltaríns
    Despregábeis Sorpresa
    Despregábeis de lingüeta

    Dependendo das preferencias dos “pop-up” que viran e que máis lles gustaran, ofreceríase a realización dun tipo de “pop-up” determinado. Non se trata de que fagan todos o mesmo, senón de que unha vez entendida a técnica, personalicen e inventen o seu propio.

    Cada sesión constaría de cinco tempos diferenciados:

    1º).- Presentación de cada neno e comentarios sobre o visitado.
    2ª).- Explicación práctica sobre os tipos de pop ups e normas básicas de realización.
    3ª).- Elección do tipo de “pop-up” a realizar.
    4º).- Reparto de materiais e realización do “pop-up”
    5ª).- Posta en común e comentarios.

  • Visitas guiadas

    Dirixido a colexios entre semana e a público familiar as fins de semana.