Na exposición “Las máquinas del Arte” (As Máquinas da Arte) conxúganse os contidos didácticos coa experimentación en directo das distintas técnicas empregadas para representa-la perspectiva.
Reproducíronse con total exactitude algúns modelos dos instrumentos de debuxo ós que nos vimos referindo. Estes modelos pode utilizalos realmente o público de tal xeito que se comprobe o seu funcionamento e eficacia para a representación da realidade visual. Con isto perséguese que o espectador comprobe ludicamente a experiencia de utilizar máquinas de debuxo.
O conxunto da mostra complétase con reproducións e maquetas explicativas tomadas da historia da arte. Nelas exemplifícase cómo obras dos grandes mestres foron posíbeis grazas ó emprego de técnicas e maquinaria de debuxo.

