Cando nos situamos fronte a unha fotografía de Alois Beer podemos
encontrar múltiples lecturas. Nunha primeira impresión, esas imaxes que
recollen escenas da vida cotiá ou recunchos monumentais da España de
1900, preséntansenos coma fieis testemuñas do seu tempo, mensaxeiras
dunha época que aparece sorprendentemente “viva” cen anos despois, tal
é a nitidez e perfección técnica que emana das mesmas.
Nunha segunda lectura, podemos ir alén da mera contemplación das imaxes, e pararnos a reflexionar sobre o contexto no que a creación das mesmas se sitúa, atendendo ás demandas comerciais e ós xeitos de entretemento dunha sociedade cada vez máis interesada en buscar novos horizontes á súa cotianeidade e totalmente rendida ós avances técnicos que poden proporcionarllos.
Naquela época, a fotografía pasara de ser unha rareza, o experimento artístico duns poucos, a converterse nunha sólida industria. Os avances técnicos permiten a reprodución a grande escala das imaxes, o que promove unha intensa actividade comercial. Paralelamente, xorde no seo da puxante burguesía a necesidade de amplia-la súa cultura e coñecementos. A proximidade da herdanza do romanticismo, o desexo de viaxar e coñecer culturas distintas da propia, a curiosidade por escenarios exóticos e de grande carga histórica, van ser determinantes na creación destes auténticos “museos fotográficos” que recompilarán imaxes de distintos países, entre eles España.
A terceira lectura que propoñemos parte do feito de que moitas destas fotografías, e en concreto a serie sobre España, se realizaron en formato estereográfico. A fotografía en 3D ou en relevo estaba de moda e a súa contemplación a través de dispositivos estereográficos, tanto no fogar coma en locais específicos, era tan indispensábel coma o é agora ve-la televisión ou o cinema. Mergullándose nesta técnica e reflexionando sobre os resortes de sedución da imaxe, poñeremos broche final ó noso paseo pola España fotografada en 3D por Alois Beer.