Esta exposición parte do abundante material fotográfico creado por Alois Beer cunha selección das súas mellores imaxes sobre distintas cidades de España: Sevilla, Cádiz, Málaga, Granada, Córdoba, Madrid, Toledo, Ávila, Segovia, Valladolid, Zamora, Salamanca, Burgos, Zaragoza, Tarragona, Barcelona, Valencia...
Gran parte destas imaxes poderán contemplarse en modo estereográfico. Para iso construiranse distintos dispositivos de contemplación necesarios para poder ve-las imaxes en 3D, a modo de modernos “Kaiserpanoramas”. O visitante poderá experimentar, deste xeito, unha das formas de entretemento máis populares hai cen anos.
Este bloque central da exposición, que constaría dunhas 25 a 40 imaxes, pódese ampliar a petición dos interesados, engadindo unha meirande mostra de imaxes da cidade que acolla a exhibición.
A parte informativa, apoiada por una gráfica suxestiva, axudará ó visitante a situarse nas circunstancias sociais e culturais da época, a comprender en qué se basea a fotografía estereográfica e a reflexionar sobre os inicios do mercado da imaxe e a súa influencia social.

